Saltar ao contido

Observatorio Galego de Mobilidade de Terras

Orixe

O Observatorio de Mobilidade de Terras ten a súa orixe nun traballo previo desenvolvido entre os anos 2013 e 2014 pola Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e a Universidade de Santiago de Compostela “Propiedade, Mobilidade de Terras e Valorización Territorial”. Entre os seus propósitos principais estaba o de deseñar un protocolo institucional, técnico e tecnolóxico para a mellora da caracterización e comprensión da mobilidade de terras en Galicia, co obxecto de analizar e comprender os mercados de terras, os efectos que teñen na mobilización produtiva da terra agrícola e, a través dela, na flexibilidade e eficacia da produción primaria.

Este proxecto concluíu que as fontes idóneas para obter información sistemática e actualizada sobre as dinámicas da mobilidade de terras en Galicia son os datos xestionados directamente polo Banco de Terras e os derivados do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. Por outra banda, a integración dos datos do Sistema de Información Xeográfica Catastral (SIXCA) e do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) permite obter unha aproximación a mecanismos de mobilidade de terras non documentados, como os contratos orais de arrendamento, cesións e/ou permutas. Finalmente, a análise dos indicadores en relación con variables do REAGA ou do Mapa de Aptitude Produtiva do Solo, entre outros, permite facer unha aproximación sistemática ao comportamento da oferta e da demanda potenciais, así como caracterizar os índices (o prezo, por exemplo) en función de variables estruturais e agronómicas.

Listado de informes:

Slide 1