Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2020 | - | Long-term vision for rural areas: contribution from 20 science-society-policy platforms: MAP discussion paper – Galician Rural Interface. SHERPA Multi-Actor Platform Discussion Paper, H2020 Sustainable Hub to Engage into Rural Policies with Actors Project (SHERPA), 18 pp. 👤 Beatriz Guimarey Fernández, Ferreira Golpe, M., López Iglesias, E., García Arias, A.I., Pérez Fra, M., Ónega López, Francisco, Corbelle Rico, E., Santé Riveira, I. |
| Publicación | 2020 | - | A renovación no Rural Europeo e Galego 👤 Eloi Villada, Francisco Ónega López |
| Congreso | 2019 | - | El seguimiento de los mercados de tierras rústicas: el caso del observatorio de movilidad de tierras en Galicia |
| Publicación | 2019 | - | ANTROPOCENO E A TRANSICIÓN URBANA |
| Publicación | 2019 | - | Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia. |