Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2010 | - | Xestión de terras: cultura, paisaxe e propiedade |
| Publicación | 2010 | - | Planning Innovations in Land Management and Governance in Fragmented Rural Areas: Two Examples from Galicia (Spain) |
| Publicación | 2010 | - | Challenges in collective action for natural resource management: A study of common property regimes in the municipality of Guitiriz (Northwest of Spain) |
| Publicación | 2010 | - | Perspectivas de futuro da estrutura produtiva, a demografía e a utilización do espazo agrario en Galicia. O exemplo do sector lácteo |
| Publicación | 2009 | - | Memoria final del proyecto de investigación 'Modelización da oferta e demanda actual e tendencial de predios rústicos en Galicia. Desenvolvemento e aplicación dun sistema de información xeográfico e análise multicriterio en catro comarcas galegas' 👤 Díaz, M., García, A. M., Ferradáns, P., Carballal, A., Martínez, E., Corbelle, E., Sarmiento, D., Ónega, F., Santé, I., Crecente, R. |