Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2015 | Xestión de terras | Terra e Territorio na Galiza: o movemento que agocha o inmóvil |
| Publicación | 2014 | - | Recuperación e posta en produción de terras abandonadas: a visión do sector vacún leiteiro de Galicia como demandantes no mercado de terras |
| Publicación | 2014 | - | LANDNET and land market issues in Europe |
| Publicación | 2013 | - | Web-GIS tool for the management of rural land markets. Application to the Land Bank of Galicia (NW Spain) 👤 Porta, J., Parapar, J., García, P., Fernández, G., Touriño, J., Doallo, R., Ónega, F., Santé, I., Díaz, P., Miranda, D., Crecente, R. |
| Congreso | 2013 | - | Máis terra? Hai resposta para esta pregunta? |