Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2019 | - | ANTROPOCENO E A TRANSICIÓN URBANA |
| Publicación | 2019 | - | Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia. |
| Patente | 2018 | - | AGRUPE: Sistema de Axuda para a Agrupación de Parcelas mediante Permutas 👤 Miranda Barros, David, Francisco José Ónega López, Eduardo Corbelle Rico, Nieves Pérez Rodríguez, Ramón Doallo Biempica, Diego Teijeiro Paredes, Juan Porta Trinidad, Miguel Nicolas López Vázquez, Javier González Otero, Jorge Parapar López |
| Congreso | 2018 | - | Abandono de tierras o de propiedades? Estilos de propietarios en el Val de Lemos (Galicia) 👤 Francisco Ónega López, Martina Fernández Campo, Nieves Pérez Rodríguez, Eduardo José Corbelle Rico |
| Congreso | 2018 | - | Land governance for development in Central and Eastern Europe: Land fragmentation and land consolidation as part of Sustainable Development Goals |