Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2007 | - | Innovations of land governance structure: two examples from the North-West of Spain |
| Congreso | 2007 | - | A xestión de terras en Galicia: unha perspectiva comparada |
| Publicación | 2007 | - | As tendencias da produción e índices técnicos nas explotacións lácteas 👤 Fouz, R., Ónega, F. |
| Patente | 2006 | - | Aplicación SIG-Web para la dinamización del mercado de tierras 👤 Rafael Crecente Maseda, Juan Touriño Domínguez, David Miranda Barrós, Francisco Ónega López, Jorge Parapar López, Ramón Doallo Biempica |
| Congreso | 2006 | - | Instrumentos para movilizar las tierras agrarias en Galicia: percepción de los agricultores |