Rocío Losada Iglesias

técnico
Rocío Losada Iglesias é Enxeñeira Agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Xeoinformática para a Xestión de Recursos Naturais pola Universidade de León, e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela, coa cualificación de Sobresaliente Cum Laude.
Desde 2021 está vinculada ao grupo de investigación LaboraTe (GI-1934 TB, Territorio e Biodiversidade), onde participou en diversos proxectos relacionados coa infraestrutura verde, o cambio climático e a planificación territorial, ao tempo que desenvolveu a súa tese doutoral titulada “La infraestructura verde como instrumento de transformación territorial en los sistemas socioecológicos contemporáneos”.
Os seus traballos inclúen contribucións en congresos científicos, seminarios e publicacións en revistas especializadas, entre elas dous artigos indexados en Journal Citation Reports (JCR).
Desde 2024 exerce como Research and Innovation Officer na Support Facility for Innovation and Knowledge Exchange, incluída a EIP-AGRI EU CAP Network, unha iniciativa que promove a cooperación e o intercambio de coñecemento e innovación para unha agricultura, silvicultura e desenvolvemento rural sostibles. Neste contexto, encárgase da organización e facilitación de actividades de transferencia de coñecemento, como seminarios e workshops.
As súas liñas de investigación céntranse nos sistemas socio-ecolóxicos complexos, na gobernanza territorial e na planificación espacial estratéxica, con especial atención ao papel da infraestrutura verde na mellora da resiliencia fronte ao cambio climático, na promoción da sustentabilidade ambiental e na integración da participación dos actores clave na toma de decisións territoriais.
Correo electrónico: rocio.losada.iglesias@usc.es
Código ORCID: https://orcid.org/0000-0003-1537-3224
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2021 | Ordenación territorialInvestigación-acciónInfraestrutura verde | INVERCLIMA – Infraestructura Verde para la adaptación de la ordenación territorial al Cambio Climático |