Xestión activa de terras
Entendemos a Xestión Activa de Terras como un modelo de gobernanza da propiedade da terra deseñado para facilitar o acceso á mesma e facilitar o seu aproveitamento sostible, en particular para reverter as dinámicas de abandono agrario propias do noroeste ibérico.
Esta liña de traballo combina a análise da mobilidade de terras, da fragmentación da propiedade e dos cambios de uso, con intervencións prácticas que conectan parcelas infrautilizadas coa demanda de xestión e aproveitamento. O obxectivo final é contribuír á continuidade da actividade agraria, a soberanía alimentaria e a resiliencia territorial, valorizando o minifundio e revertendo a terra agraria abandonada en espazos protexidos fronte aos incendios capaces de soster a biodiversidade dos agroecosistemas.

| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | Recuperación de la tierra olvidada: localización de tierras en estado de abandono con potencial productivo en Galicia |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | Infrastructures: land banking functioning |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | El diagnóstico de la movilidad de tierras en Galicia, una oportunidad frente al desafío de la fragmentación institucional 👤 Enríquez García, María José, Corbelle Rico, Eduardo, Francisco José Ónega López, Crecente Maseda, Rafael |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | El mercado de tierras rústicas en Galicia: modelos de precios y movilidad a escala municipal |
| Congreso | 2015 | Xestión de terras | A mobilidade de terras en Galicia e a súa gobernanza, un xogo de escalímetro 👤 Enríquez García, María José, Corbelle Rico, Eduardo, Francisco José Ónega López, Crecente Maseda, Rafael |