Enviado por laborate o mér, 01/12/2010 - 14:19 GMT.
O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de
Santiago de Compostela (USC), acaba de entregar ó concello
de Lugo a primeira reprodución en tres dimensións da muralla romana de Lugo,
monumento que no ano 2000 foi declarado Patrimonio da Humanidade
pola UNESCO.
Durante os anos 2008, 2009 e 2010 LaboraTe realizou duos
levantamentos topográficos deste monumento para o Servizo
de Arqueoloxía do concello de Lugo. Estes levantamentos
topográficos veñen a encher un oco moi importante de información
sobre a muralla, xa que antes só se dispoñía de estudios
previos e parciais, ou sen referencias, que imposibilitaban
a integración con outros estudos ou coa cartografía existente
da cidade.