Enviado por laborate o mér, 26/10/2011 - 11:05 GMT.
O pasado 25 de Outubro, publicouse no diario
El Progreso de Lugo
unha entrevista a Rafael Crecente, director do LaboraTe,
na que fala do máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio,
que xa vai pola segunda edición, e da ordenación territorio en Galicia.
Acerca dos obxectivos do máster e mailo seu enfoque:
"Pretende, por unha parte, atender as especifidades e necesidades
de Galicia, e tamén a situación de crise multinivel e multitema:
enerxética, alimentaria, financieira... Trátase de deseñar
e desenvolver estratexias que respondan a esa situación
a partir dos recursos e do enfoque territorial, que é ver
cales son os recursos e as potencialidades do territorio
galego. [...] A terra como recurso natural é a base de partida
para transformar terra en territorio, un conxunto de actividades
que pretenden a mellor organización dos recursos naturais,
da sociedade que os xestiona e das regras que determinan
a súa utilización. E no que se refire a Galicia cun foco
moi intenso nesas condicións tan singulares de propiedade
e como conciliar ese interese individual cos usos e intereses
colectivos. Aquí somos moitos propietarios, que por unha
parte é bo, pero por outra parte é difícil de xestionar."