Enviado por laborate o lun, 27/07/2009 - 12:09 GMT.
O pasado 2 de Xullo do 2009, o Concello de Guitiriz
aprobou o Documento de Aprobación Inicial do seu Plan Xeral
de Ordenación Municipal (PXOM). O día 15 de Xullo sae publicado
no Diario Oficial de Galicia o devandito acordo, así como
o periodo de exposición pública do plan, que se extenderá
durante 2 meses, esto é, a partires do 16 de Xullo e ata
ó 16 de Setembro deste ano.
O LaboraTe realizou o Sistema de Información de Guitiriz
(SIGui) que constitúe de por si un Sistema de Información
Xeográfica (SIX) empregado na elaboración do PXOM. Nunha
aposta pola mellora da difusión de información, pola trasparencia
na tramitación do plan xeral e por facilitar o acceso a
tódolos axentes con intereses no PXOM (veciños a título
individual, asociacións veciñais e grupos sociais en xeral,
as propias administracións implicadas no plan xeral...),
o LaboraTe desenvolve o SIX insertado en páxina web (SIX-web)
do plan xeral, que está dispoñible en Internet na dirección http://www.sigui.es/.
Cómpre salientar que ó estar o SIX insertado nunha páxina web,
os usuarios non precisan nada máis que un PC con conexión
a Internet e un navegador (como, por exemplo, Internet Explorer),
polo que non teñen que instalar ninguna aplicación adicional.