O pasado mes de Decembro de 2008, Urbano Fra, profesor da
Universidade de Extremadura, actualmente desenrolando a súa
actividade investigadora na de Santiago de Compostela, publicou
en El Periódico de Calalunya
un artículo de opinión titulado "Poder débil e labazadas a Casandra",
que reproducimos a continuación por cortesía deste xornal.
Poder débil e labazadas a Casandra
En 1984, o Tribunal Supremo de Colorado (EEUU) amparaba
o dereito á libre expresión na campaña cidadá contra
a construción dun centro comercial nun espazo natural,
desestimando a querela da empresa promotora no caso POME.
Isto deu un xiro radical a unha era de procesos xudiciais
de promotores inmobiliarios contra cidadáns contestatarios,
nos que reclamaban multimillonarias indemnizacións por unha
pretendida vulneración do dereito á iniciativa empresarial.
Nestes últimos anos temos observado igualmente en España
un goteo de reclamacións de danos por parte de promotores
ou industriais: a urbanización dun espazo protexido en
Ronda (Málaga), un hotel na costa de Almería, unha piscifactoría
no dominio público litoral en Galicia e a simulación
gráfica de GreenPeace da elevación do nivel do mar en
La Manga del Mar Menor (Murcia). Tódolos casos teñen
o mesmo patrón: unha empresa demanda a un cidadán ou
asociación por difamación, atentado á súa imaxe, prexuízo
patrimonial ou interferencia na súa actividade empresarial.
Os profesores da Universidade de Denver, Penelope Canan e
George Pring, especialista clave no éxito xudicial do caso POME,
para definir isto crearon o termo SLAPP, na obra
"SLAPPs, Getting Sued for Speaking Out"
("Labazadas, demandado por atreverse a falar").