Enviado por laborate o xov, 15/09/2011 - 13:41 GMT.
Xosé Manuel Silva Rodríguez,
director xeral de Agricultura da Unión Europa, concedeu
unha entrevista ó suplemento Mercados
do xornal La Voz de Galicia,
na que falou, entre outros, das repercusións no rural galego
da ordenación do territorio e da próxima reforma da Política
Agraria Común (PAC). Escolmamos a continuación algunhas
das declaracións que se poden ler na entrevista, publicada
o pasado 4 de Setembro.
Acerca da PAC: "Haberá cambios substanciais, e non estou
só a falar da fin da cuotas lácteas, seica o asunto que
mais interés suscita en Galicia. [...] O cambio ou xiro
fundamental, sen duda, será poñer a sustentablidade, con
todo o que comporta, no eixo da PAC. E iso significa que
haberá que acometer de forma práctica cuestións que en demasiadas
ocasións foron esquencidas, en Galicia e noutras rexións,
como por exemplo a ordenación do territorio; é decir, favorecer
o uso da natureza máis racional e rendible que sexa posible".