Beatriz Guimarey Fernández

TÉCNICO
Beatriz é Enxeñeira de Montes e Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio pola Univ. de Santiago de Compostela (USC). Dende o ano 2009 está vinculada ó grupo de investigación Te-Bio/LaboraTe.
Comezou a súa andadura especializándose na captura e análise de datos e información xeoespacial para ordenación territorial, collaborando tamén en numerosos proxectos da plataforma tecnolóxica do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC.
Da análise territorial pasou a colaborar en proxectos de I+D+i a nivel europeos no ámbito da xestión do territorio e dos recursos rurais, e a gobernanza das áreas rurais. A maioría dos seus proxectos pivotan ó redor de tres eixos: aceleración da transferencia de coñecemento e a innovación, mellora e deseño de políticas públicas con impacto no rural, gobernanza e desenvolvemento rural. Complementariamente, forma parte da equipa de comunicación do grupo do Laboratorio do Territorio, coordinando contidos e actividades de difusión.
En liña co anterior, dende o ano 2015 Bea é membro activo da EU CAP Network | EIP-AGRI (anteriormente EIP-Agri Service Point). Promovida pola Comisión Europea, a EIP-AGRI conecta agricultores e gandeiros, asesores, investigadores, empresas, cidadanía e demais actores co obxectivo de axudar a construír fluxos de coñecemento sólidos e acelerar a innovación na agricultura, a silvicultura e as zonas rurais. Na EIP-AGRI, Bea lidera a División D, temáticamente centrada en retos socioeconómicos clave no medio rural, como a renovación xeracional, o emprego, a igualdade e a promoción da bioeconomía circular e da silvicultura sostible. Tamén participa na organización e dinamización de actividades de transferencia (grupos focais, seminarios e workshops).
Correo electrónico: beatriz.guimarey@usc.es
Orcid: 0000-0001-9763-9369
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2022 | - | MAP Position Paper (Spain, Galicia) - Social dimension of rural areas 👤 Beatriz Guimarey Fernández, Ferreira Golpe, M., Pérez Fra, M., García Arias, A.I., Vázquez González, I., Ríos Rodríguez, R., López Iglesias, E. |
| Publicación | 2022 | - | The Burial of a Devesa Do Rei (Vedra, A Coruña, NW Iberian Peninsula) |
| Congreso | 2022 | - | Role of rural interfaces in the next phase of the LTVRA - learnings from the MAP Galicia (Spain) |
| Publicación | 2021 | - | Alternative Rural Futures (Foresight) |
| Publicación | 2021 | - | Long-term vision for rural areas: contribution from 20 science-society-policy platforms: MAP position paper – Galician Rural Interface. SHERPA Multi-Actor Platform Position Paper, H2020 Sustainable Hub to Engage into Rural Policies with Actors Project (SHERPA), 14 pp. 👤 Beatriz Guimarey Fernández, Ferreira Golpe, M., Pérez Fra, M., García Arias, A.I., López Iglesias, E. |
