Zeus González Fernández

técnico
Zeus González Fernández é técnico especialista de investigación e responsable da administración de sistemas. Encárgase da xestión tecnolóxica dos proxectos que requiren apoio nese eido e, ademais, forma parte do equipo de comunicación, dende o que xestiona as redes sociais e as diversas páxinas web do Laboratorio do Territorio.
Dende a súa incorporación ao grupo en 2013, ten participado en máis de vinte proxectos nacionais e internacionais, ao tempo que mellora a infraestrutura de rede e dá soporte a máis de 20 usuarios. A súa función principal consiste en dar apoio técnico ás actividades de investigación, desenvolvemento, divulgación e innovación. Actualmente, as tecnoloxías da información, e especialmente as xeoespaciais, ocupan gran parte da súa xornada.
Correo electrónico: zeus.gonzalez@usc.es
Código ORCID: https://orcid.org/0000-0001-8531-0144
Este usuario non ten publicacións con estes filtros.