Marcos Boullón Magán

membro
Marcos Boullón Magán é doutor en Ciencias Físicas pola USC e enxeñeiro Informático pola UNED. Ten publicacións no eido da computación de alto rendemento, programación paralela e sistemas distribuídos, así como en tecnoloxías de información xeográfica. Tamén participa activamente en congresos, cursos e proxectos nestas mesmas áreas. Fixo un traballo fin de carreira en optimización heurística aplicada á redistribución da terra, e unha tese de licenciatura en modelado do rendemento de código irregular en arquitecturas distribuídas complexas.
Logo de formarse no grupo de investigación Arquitectura de Computadores da USC, dende 2005 é membro do Laboratorio do Territorio onde desenvolve a súa actividade nunha contorna multidisciplinar enfocada na xestión sustentable da terra o do territorio. Hoxe en día as súas liñas principais de traballo son a programación e optimización de algoritmos de cálculo para o procesado de información con compoñente espacial, arquitecturas de programación en sistemas paralelos e distribuídos, procesado de grandes volumes de datos, deseño de bases de datos e computación segura.
Entre 2014 e 2020, e de novo dende 2022, Marcos é profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC onde ten ensinado en distintos graos (xeomática e topografía, paisaxe, pemes, empresa e tecnoloxía, enxeñaría civil, e robótica).
Correo electrónico: marcos.boullon@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-8758-0340
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2007 | - | Sistema de información geográfica de los recursos, oferta y potencialidad turística de Terra Chá. 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, Jaime Caldeiro Pérez, David Miranda Barrós |
| 2007 | - | Sistemas de Información para la gestión de una empresa forestal 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto |
| 2006 | - | Aplicación de los S.I.G en el ámbito agroforestal |
| 2006 | - | Introducción de los SIG. Herramienta ArcGIS y ArcView 👥 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez |
| 2006 | - | Tecnología SIG y WEB para la dinamización del mercado de tierras en Galicia |