Saltar ao contido

María Jose Iniesto Alba

O seu principal ámbito de traballo céntrase na captura, xestión e representación da información xeográfica, nas tecnoloxías xeoespaciais e as Infraestruturas de datos espaciais. Participou en proxectos e contratos de I+D+i e é autora de diversas publicacións neste ámbito. Coordinou asimesmo a edición de varias obras neste ámbito.

Tamén participou en múltiples traballos relacionados coa docencia, na elaboración de plans de estudo de distintas titulacións e en 2004 recibiu un dos “IV Premios á Innovación Educativa na Universidade” da USC.

Ao longo da súa carreira mantivo unha estreita implicación na xestión, tanto profesional como universitaria. Foi Presidenta-Delegada Territorial da Delegación en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica, Coordinadora do Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, Coordinadora de Proxectos e Traballo Fin de Grao e Máster das titulacións de Enxeñaría en Xeomática e Topografía e do Máster en Sistemas Aéreos non Tripulados e, na actualidade, forma parte do equipo de dirección da EPSE, onde desempeña o cargo de secretaria académica.

Correo electrónico: mariajose.iniesto@usc.es

Código ORCID: 0000-0003-0527-0184