Nieves Pérez Rodríguez

TÉCNICO
Enxeñeira Agrónoma e Master en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio pola USC conta con experiencia laboral tanto na empresa pública como na privada. Dende 2009 vinculada ó grupo de investigación LaboraTe (GI-1934 TB) da Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza labores de técnico superior de investigación e apoio a xestión económica do grupo.
Os principais campos de traballo están relacionados co desenvolvemento e a innovación en materia de tecnoloxías xeoespaciais e xestión territorial:
- Construción, procesado e depuración de bases de datos xeoespaciais,
- Aplicación de técnicas de análise xeoespacial
- Análise e diagnose de dinámicas e instrumentos territoriais en materia de usos da terra, propiedade e mobilidade de terras, xestión de recursos naturais e desenvolvemento rural.
- Desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da planificación territorial e facilitación nos procesos participativos.
- Elaboración de informes científico-técnicos.
Correo electrónico: nieves.perez@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-5914-4020
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Patente | 2026 | - | PPGIS APP |
| Patente | 2026 | - | PPGIS WEB |
| Publicación | 2026 | Ordenación territorialXestión de terras | Boas práticas para o desenvolvimento e gestão do espaço rural 👤 José A. Rio Fernandes (coord.), Nieves Pérez Rodríguez, José Manuel Rocha (coord.), Alfonso Alfonso Ribas Alvarez, Ana Seixas, Dora Pinto, Elena López Colmenero, Ester Moreira da Silva, Francisco José Ónega López, David Miranda Barrós, Jorge Manuel Blanco Ballón, João Paulo Borges, Fátima Bacharel, Francisco Francisco Garcia, Fernández, Rafael Castro Vaamonte |
| Publicación | 2025 | - | Alén dos datos en ordenación do territorio: planeamento urbanístico municipal e Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais en “Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente' |
| Congreso | 2025 | - | PAISACTIVO: Paisaxes cortalume: activación do espazo rural para un territorio resiliente |