Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Patente | 2026 | - | PPGIS APP |
| Patente | 2026 | - | PPGIS WEB |
| Publicación | 2026 | - | Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2025 |
| Publicación | 2026 | - | Informe sectorial 2025 Especialización produtiva agraria e mobilidade de terras rústicas en Galicia |
| Publicación | 2026 | Xestión de terrasSistemas alimentarios | Alimentos sostibles e xestión do territorio 👤 Mª Ángeles Romero Rodríguez, David Miranda Barrós, María do Mar Pérez Fra, Eduardo José Corbelle Rico, Mª Pilar España Fariñas, Ana Isabel García Arias, Xurxo Loureiro Veira, Francisco José Ónega López, José Carlos Otero González, Inés Santé Riveira, Bernardo Valdês Paços |