Saltar ao contido

Xestión activa de terras

Entendemos a Xestión Activa de Terras como un modelo de gobernanza da propiedade da terra deseñado para facilitar o acceso á mesma e facilitar o seu aproveitamento sostible, en particular para reverter as dinámicas de abandono agrario propias do noroeste ibérico.

Esta liña de traballo combina a análise da mobilidade de terras, da fragmentación da propiedade e dos cambios de uso, con intervencións prácticas que conectan parcelas infrautilizadas coa demanda de xestión e aproveitamento. O obxectivo final é contribuír á continuidade da actividade agraria, a soberanía alimentaria e a resiliencia territorial, valorizando o minifundio e revertendo a terra agraria abandonada en espazos protexidos fronte aos incendios capaces de soster a biodiversidade dos agroecosistemas