Lucía Trancón Loureiro

técnico
Enxeñeira de Montes e Master en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio Territorio e Master en Enxeñaría para o Desenvolvemento do Medio Rural pola USC. No ano 2007 incorpórase ao grupo de investigación Te-Bio/LaboraTe, desenvolvendo na actualidade labores na categoría de técnico superior de investigación.
A formación continua no uso de tecnoloxías SIX, permítelle dar soporte técnico cualificado en proxectos de desenvolvemento e innovación no campo da xestión de servizos públicos e na área de ordenación e planificación do territorio. Os proxectos englobados nesta área destacan por ser procesos de planificación nos que os usos da terra, a propiedade e os recursos naturais, así como o marco lexislativo en materia de planificación urbanística e ordenación territorial e normativa sectorial, son compoñentes esenciais.
Outro campo de traballo é a xestión de terras e o desenvolvemento rural, no que a súa colaboración se enmarca no procesado de información de distintas fontes con ferramentas xeoespaciais, análise xeográfica e alfanumérico de variables, obtención de indicadores e xeración de informes científico técnicos e cartografía relacionada.
Correo electrónico: lucia.trancon@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-9287-7464