David Miranda Barrós

Coordinador
David Miranda Barrós, catedrático de universidade do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela (USC); conta con máis de 25 anos de experiencia na xestión territorial. A súa carreira docente, investigadora e directiva céntrase no estudo das institucións e tecnoloxías na xestión territorial.
Durante este tempo, participou como investigador principal en 18 proxectos de I+D+i. Tamén foi investigador principal en 64 contratos de investigación con empresas privadas e institucións de goberno local e autonómico. Os resultados máis relevantes foron publicados en 50 artigos, 36 dos cales corresponden a revistas internacionais indexadas no JCR.
A capacidade de captación de financiamento mediante convocatorias públicas competitivas permitiu consolidar estruturas de investigación, como TeBio (Grupo de Investigación Territorio e Biodiversidade), coordinado por este profesor dende 2013. Tamén permitiu a contratación de máis de 15 investigadores durante os últimos 20 anos.
A xestión universitaria na USC ocupa un lugar significativo na súa carreira. Exerceu durante cinco anos como coordinador do Máster en Xestión Sostible do Territorio e desde 2013 é director científico do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC, unha plataforma que presta servizos de información xeoespacial a toda a comunidade universitaria. Tamén coordina na actualidade o programa de doutoramento en Xestión Sostible do Territorio da USC, desde a súa implantación no curso 2013/14.
Correo electrónico: david.miranda@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-9349-0904