Xurxo Loureiro Veira

TÉCNICO
Xurxo Loureiro Veira é Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Escenarios futuros de seguridade alimentaria en Galicia nun contexto de cambio ambiental”, dirixida polo profesor Urbano Frá Paleo. Ten un máster en xestión sostible da terra e o territorio e un posgrao en xestión de empresas agoralimentarias. Durante a súa etapa profesional ten traballado en proxectos de concentración parcelaria, a loita contra incendios forestais e como xestor de exportacións no sector agroalimentario.
É membro do Laboratorio do Territorio (GI-1934 TB) dende 2016, onde na actualidade traballa como investigador asociado participando en proxectos de investigación relacionados coa xestión do territorio, a resiliencia forestal, a biogobernanza, os servizos ecosistémicos, a infraestrutura verde e o desenvolvemento rural. No laboratorio ten impartido cursos de Sistemas de Información Xeográfica, e organizado talleres, seminarios e grupos focais internacionais, multidisciplinares e participativos no marco de diferentes proxectos de investigación e para promover a innovación no sector rural en Europa.
É autor de varias publicación en materia de xestión forestal, desenvolvemento rural, infraestrutura verde e construción de escenarios, estando as súas liñas de investigación actuais centradas na seguridade alimentaria e os factores que a determinan.
Correo electrónico: xurxo.loureiro@usc.es
Código ORCID: 0000-0002-4781-703X
Scopus Author ID: 57216499742
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2025 | - | Alén dos datos en ordenación do territorio: planeamento urbanístico municipal e Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais en “Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente' |
| Congreso | 2024 | - | 'EIP-AGRI Operational Groups: Innovation in practice' |
| Publicación | 2023 | - | Tese doutoramento: Escenarios futuros de seguridade alimentaria en Galicia nun contexto de cambio ambiental |
| Congreso | 2022 | - | Gestión innovadora para la valorización y resiliencia del espacio forestal: Proyecto FORVALUE 👤 Xurxo Loureiro Veira, Fernández Filgueira, C., Alonso, J.M., Corbelle Rico, E., Aboal Viñas, J., Alves, R., Caldas, B., Chaves, A., Covelo Míguez, X., Dans Del Valle, F., Fernández López, M.M., López López, O., López Luaces, M., Marey-Pérez, M.F.0, Nogueira, A., Nogueira, J. |
| Congreso | 2022 | - | Resiliencia a incendios forestales: análisis de diferentes experiencias en Galicia |