Miguel Cordero Souto

TÉCNICO
Enxeñeiro de Montes, participou en diversos proxectos de I+D+i no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á ordenación do territorio, o desenvolvemento rural e a xestións de recursos naturais, tanto a nivel local, rexional e internacional.
Dende o 2004 é responsable técnico da plataforma tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT) da USC. Está especializado en SIX, algoritmos de análise espacial, SIX de participación pública e en captura e modelado 3D de datos de sensores remotos; láser escáner terrestre, drons (con sensores ópticos e lidar) e xeorradar.
Na área de formación do SIT, organizou e impartiu cursos de SIX e sensores remotos. Participou como formador no Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio onde contribuíu ás materias de Xeomática e Técnicas de Captura de Información Espacial.
Ten experiencia na xestión de comunidades de montes veciñais en man común, tendo sido presidente e secretario de dúas delas nas montañas orientais de Galicia. É gandeiro a tempo parcial dende o 2013 cunha granxa extensiva de cabras e cabalos autóctonos na comarca dos Ancares.
Correo electrónico: miguel.cordero@usc.gal
Código Orcid: 0000-0002-8387-8892
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2024 | - | Scaffolding geospatial epistemic discomfort: a pedagogical framework for cross-disciplinary landscape research 👤 Vincenza Ferrara, Flor Álvarez-Taboada , Gert-Jan Burgers, Eduardo Corbelle Rico, Miguel Cordero Souto, Eduardo Dias , Anneli Ekblom , Stefanos Georganos , Jeff Howarth , Maurice de Kleijn , Tommaso La Mantia , Niels van Manen , Giovanna Sala , Rafael da Silveira Bueno , Philip Verhagen & Anders Wästfelt |
| Publicación | 2022 | - | SIXTUATE: Sistema de axuda á decisión para a localización de novas expotacións agrarias |
| Congreso | 2020 | - | El proyecto agridemo-f2f como ejemplo de aprendizaje peer-to-peer |
| Publicación | 2020 | Ciencia de xeodatos | Hybrid Overlap Filter for LiDAR Point Clouds Using Free Software. |
| Publicación | 2020 | - | A New Tool for Improving LiDAR Data Filtering in Urban Areas |