Quico Ónega López

técnico
Enxeñeiro Agrónomo, ten participado en diversos proxectos de I+D+i no eido das políticas da terra e da mellora dos instrumentos de xestión a nivel local, rexional e internacional. No período 2010-2020 participou no Máster en Xestión Sostible da Terra e do Territorio contribuíndo ás materias de Instrumentos de Xestión de Terras e Negociación e Resolución de Conflitos.
Dende 2013 é oficial de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea de Innovación en agricultura (EIP-AGRI). Ten publicado e participado en numerosos congresos, conferencias e xornadas sobre a xestión de terras e do territorio, desenvolvemento rural e agricultura, coa innovación e o cambio institucional como temas transversais. Participou na creación e desenvolvemento do Banco de Terras de Galicia, onde foi xerente nos comezos da súa actividade. Dedícase a tempo parcial a unha gandería ovina ecolóxica no municipio de Pol.
Correo electrónico: franciscojose.onega@usc.es
Código ORCID: 0000-0001-7677-8968
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2026 | Ordenación territorialXestión de terras | Boas práticas para o desenvolvimento e gestão do espaço rural 👤 José A. Rio Fernandes (coord.), Nieves Pérez Rodríguez, José Manuel Rocha (coord.), Alfonso Alfonso Ribas Alvarez, Ana Seixas, Dora Pinto, Elena López Colmenero, Ester Moreira da Silva, Francisco José Ónega López, David Miranda Barrós, Jorge Manuel Blanco Ballón, João Paulo Borges, Fátima Bacharel, Francisco Francisco Garcia, Fernández, Rafael Castro Vaamonte |
| Publicación | 2025 | - | Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente - Prologo |
| Publicación | 2025 | - | O relevo xeracional no sector agrario galego; retos e oportunidades 👤 Edelmiro López Iglesias, Francisco José Ónega López |
| Publicación | 2025 | Xestión de terras | Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2024 |
| Congreso | 2025 | - | O Observatorio de mobilidade de terras de Galicia |