Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria
A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos…
Análise e integración de UAV para a documentación xeométrica do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico
O traballo pon de manifesto como estas ferramentas, combinadas con técnicas como a fotogrametría e o escaneado láser, permiten obter modelos tridimensionais de alta precisión, mellorando a c…
Curso: Revitalización Rural- Planificación territorial e resiliencia aos incendios
Para abordar este reto, o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organiza o curso “Revitalización rural: planificación territorial e resiliencia aos incendios”, unha proposta formativa que xa …
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2024 | - | Catálogo de casos de éxito y buenas prácticas en la gestión activa del espacio rural 👤 Nieves Pérez Rodríguez, Lucía Trancón Loureiro, Onega López, Francisco José, David Miranda Barrós, Rio Fernandes, José Alberto; Rocha, José Manuel |
| Publicación | 2024 | - | Farmland Abandonment and Afforestation—Socioeconomic and Biophysical Patterns of Land Use Change at the Municipal Level in Galicia, Northwest Spain 👤 Corbelle-Rico, Eduardo, Edelmiro López Iglesias |
| Publicación | 2024 | - | CARACTERIZACIÓN DE NOVAS E NOVOS ENTRANTES NO SECTOR AGRARIO DE GALICIA |
| Congreso | 2024 | - | O relevo xeracional no sector agrario galego; retos e oportunidades |
| Publicación | 2024 | - | Procesado de sinais discretos no dominio do tempo (unidade didáctica) |








