Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
Aberto o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente
Convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e do Laboratorio do Territorio …
Aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural
Trátase dun mestrado de 60 créditos ECTS e un curso académico de duración, deseñado para facilitar a compatibilidade coa actividade profesional. A súa modalidade híbrida combina docencia en …
LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria
A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos…
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2013 | - | Realización de cartografía 1:2000 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Francisco Javier López González, Jaime Caldeiro Pérez, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez, Nieves Pérez Rodríguez |
| 2013 | - | Servicio de actualización y mantenimiento de la encuesta de infraestructuras y equipamientos locales para los ayuntamientos de la provincia de Lugo. Edición 2012 👥 Crecente Maseda, Rafael, Manuel Pérez Gómez, David Miranda Barrós, Inés Santé Riveira, Eduardo Corbelle Rico, Andrés García Lamparte, Jaime Caldeiro Pérez, Nieves Pérez Rodríguez |
| 2013 | - | Dotación de materiais expositivos no centro de interpretación na aldea do Vilar (Mondoñedo) 👥 Miranda Barros, David, Pablo Ramil Rego |
| 2013 | - | Programa Sistemas de Información Geográfica en Software Libre GVSIG |
| 2013 | - | Asistencia técnica na redacción do proxecto Refuxios do Atlántico 👥 Miranda Barros, David, Pablo Ramil Rego |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 1999 | - | Estudio y gestión de las masas forestales en la provincia de Lugo con sistemas informáticos |
| Congreso | 1999 | - | Geographic Information Systems applied to physical planning |
| Congreso | 1999 | - | Tendencias actuales en la elaboración de cartografía |
| Congreso | 1999 | - | Aplicación de los Sistemas de Información Geográfica a la planificación física |
| Congreso | 1999 | - | Integración de los programas CAD en los Sistemas de Información Geográfica |








