Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
Bota a andar GREENSEED: impulso ó emprendemento e fortalecemento do ecosistema de apoio na bioeconomía
GREENSEED impulsará en catro comarcas piloto, dúas a cada lado da raia, Ecosistemas Territoriais de Apoio ao Emprendemento en Bioeconomía (ETEB), que funcionarán como redes de colabora…
Crise enerxética e rexeneración agraria – Tour NonNormal
O Tour NonNormal é un espazo de divulgación, reflexión e mobilización arredor da crise enerxética, os límites materiais da civilización industrial e a consciencia de que o modelo económ…
O noroeste peninsular fronte ao reto demográfico: diagnóstico e propostas para o medio rural
O pasado 16 de abril publicouse o “Informe de Ruralidades do Noroeste Peninsular: Diagnóstico Estrutural e Marco Estratéxico de Actuación”. Este informe ofrece un diagnóstico territorial e s…
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | - | - | Building safer comunities. Risk governance, spatial planning and responses to natural hazards 👤 Fra, U. |








