Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria
A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos…
Análise e integración de UAV para a documentación xeométrica do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico
O traballo pon de manifesto como estas ferramentas, combinadas con técnicas como a fotogrametría e o escaneado láser, permiten obter modelos tridimensionais de alta precisión, mellorando a c…
Curso: Revitalización Rural- Planificación territorial e resiliencia aos incendios
Para abordar este reto, o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organiza o curso “Revitalización rural: planificación territorial e resiliencia aos incendios”, unha proposta formativa que xa …
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2009 | - | Consolidación y estructuración de las unidades de investigación del sistema gallego de I+D+i. Grupos de Investigación 👥 Rafael Crecente Maseda, Andrés García Lamparte, González Ferreiro, Eduardo, Inés Santé Riveira, Pablo Díaz Redondo, Marcos Boullón Magán, David Miranda Barrós, Eduardo Corbelle Rico, Francisco Javier López González, María José Iniesto Alba, Jaime Caldeiro Pérez, Miguel Cordero Souto, Francisco José Ónega López, Manuel Pérez Gómez |
| 2009 | - | Redacción del estudio del paisaje cutural de Santa Tecla 👥 Rafael Crecente Maseda |
| 2009 | - | La talasoterapia como motor de desarrollo sostenible para Galicia |
| 2009 | - | Eucalyptus and Development: Explaining Stakeholder Perceptions in Two Spanish Regions (EUCADEVE) 👥 Rafael Crecente Maseda |
| 2009 | - | Grupos de referencia competitiva 👥 Javier Díaz Bruguera, Marcos Suárez Corral |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2017 | - | A aplicación da lei de protección da paisaxe de Galicia e a estratexia da paisaxe galega |
| Publicación | 2017 | Xestión de terras | El diagnóstico del mercado de tierras rústicas en Galicia, una oportunidad frente a los retos de la fragmentación institucional y el puzle de once millones de piezas |
| Publicación | 2017 | - | Estratexia da Paisaxe Galega. Planificación 2017-2020 👤 Santé, I., Fernández, A.; Álvarez, J. L.; García, F. |
| Publicación | 2017 | - | GVLiDAR: an interactive web-based visualization framework to support geospatial measures on lidar data |
| Publicación | 2017 | - | Guía de Cor e Materiais de Galicia 👤 Santé, I., Maroño, A.; Carregado, E.; Fernández, A.; Álvarez, J.L.; Castro, A.; Lamas, R.; López, C. |








