Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
Aberto o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente
Convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e do Laboratorio do Territorio …
Aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural
Trátase dun mestrado de 60 créditos ECTS e un curso académico de duración, deseñado para facilitar a compatibilidade coa actividade profesional. A súa modalidade híbrida combina docencia en …
LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria
A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos…
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2007 | - | Future Approaches to Land Development - FARLAND 👥 Rafael Crecente Maseda, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Francisco Ónega López, Marcos Boullón Magán |
| 2007 | - | Plataforma SIT 👥 David Miranda Barrós, Rafael Crecente Maseda |
| 2007 | - | Programa de Restauración de Aldeas para la inserción social de menores (INTERREG III. A. MILARIA) |
| 2007 | - | Proyecto atlas de Galicia: una nueva herramienta para la enseñanza de la Cartografía II en el contexto de los ECTS |
| 2007 | - | Aplicación de tecnología S.I.G y web al proceso de desarrollo local en el área delimitada por el calificativo 'Viño da Terra de Betanzos' y municipios limítrofes. 👥 Rafael Crecente Maseda, David Miranda Barrós, Inés Santé Riveira, Marcos Boullón Magán, Miguel Cordero Souto, Francisco José Ónega López |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2004 | - | Rural development in Europe - A proposal for Objective 1 Regions 👤 Crecente, R. |
| Publicación | 2004 | - | Rural planning in Costa Rica 👤 Álvarez, C. J., Maseda, F., Marey, M., Crecente, R. |
| Publicación | 2004 | - | Socio-economic evaluation of the Terra Chá irrigators community by using a Geographic Information System-Spain 👤 Cancela, J., Neira, X., Cuesta, T., Álvarez, C., Crecente, R. |
| Publicación | 2004 | - | Turismo y Ordenación del Territorio en el Municipio de Ribadeo 👤 Díaz, E. R., Crecente, R., Álvarez, C. |
| Publicación | 2004 | - | Validación de geometrías, generación de topología y codificación con GeoMedia |








