Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria
A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos…
Análise e integración de UAV para a documentación xeométrica do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico
O traballo pon de manifesto como estas ferramentas, combinadas con técnicas como a fotogrametría e o escaneado láser, permiten obter modelos tridimensionais de alta precisión, mellorando a c…
Curso: Revitalización Rural- Planificación territorial e resiliencia aos incendios
Para abordar este reto, o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organiza o curso “Revitalización rural: planificación territorial e resiliencia aos incendios”, unha proposta formativa que xa …
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Data fin | Liñas | Título e Investigadores |
|---|---|---|
| 2006 | - | Programa de Inserción Social para Menores (Interreg III PRISMA) 👥 Rafael Crecente Maseda, Francisco Javier López González |
| 2006 | - | Conceptual and numericas coupled modelling of groundwater flow and reactive solute transport within the framework of the SKB ChemNet working group 👥 María José Iniesto Alba, Jorge José Molinero Huguet |
| 2006 | - | Aplicación de los S.I.G en el ámbito agroforestal |
| 2006 | - | Curso de SIG en código abierto y código cerrado |
| 2006 | - | Introducción de los SIG. Herramienta ArcGIS y ArcView 👥 Rafael Crecente Maseda, Marcos Boullón Magán, Inés Santé Riveira, David Miranda Barrós, Miguel Cordero Souto, Manuel Pérez Gómez |
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2011 | - | Aplicaciones y herramientas SIG para líneas eléctricas |
| Congreso | 2011 | - | A parallel algorithm based on simulated annealing for land use zoning plans 👤 Suárez, M., Santé, I., Rivera, F. F., Crecente, R., Boullón, M., Porta, J., Parapar, J., Doallo, R. |
| Congreso | 2011 | - | Study of Performance Issues on a SMP-NUMA System using the Roofline Model 👤 Juan A. Lorenzo, Juan C. Pichel, Tomás F. Pena, Marcos Suárez, Francisco F. Rivera |
| Congreso | 2011 | - | A Java-based Parallel Genetic Algorithm for the Land Use Planning Problem 👤 Juan Porta Trinidad, Jorge Parapar López, Guillermo L. Taboada, Ramón Doallo Biempica, Francisco Fernández Rivera, Inés Santé Riveira, Marcos Suárez Corral, Marcos Boullón Magán, Rafael Crecente Maseda |
| Congreso | 2011 | - | Análise das causas da obtención de bos resultados na avaliación do profesorado nunha determinada materia |








