Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
A coordinación normativa e a mobilización da terra, entre os retos prioritarios para un rural galego máis resiliente
A mobilización e xestión activa do espazo agroforestal centrou este martes no IBADER unha das mesas de traballo do Foro Territorio Rural Resiliente, un proceso de reflexión colectiva que reú…
Tese analiza a Infraestrutura Verde como motor de transformación territorial
A investigadora do LaboraTe, Rocío Losada Iglesias, acaba de defender a súa tese doutoral na USC, centrada no papel da Infraestrutura Verde como ferramenta estratéxica para lograr unha plani…
25 anos de EIEL…e seguimos! Actualización da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da provincia de Lugo
O LaboraTe continúa apostando dende o ano 2000 na enquisa de infraestruturas e equipamentos locais (EIEL) dos concellos da provincia de Lugo, sendo un dos proxectos máis lonxevos dende os se…
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Congreso | 2000 | - | Metodologías para la conservación de masas forestales autoctonas en procesos de planificación rural: aplicación a proyectos de concentración parcelaria 👤 Crecente, R., Díaz, E., Díaz, R., Diéguez, U. |
| Congreso | 2000 | - | Rehabilitación de la central Tambre I. Proyecto Piloto (LIFE 99-E-286) 👤 Palmeiro, J. M., Crecente, R., Álvarez, C. J. |
| Congreso | 2000 | - | Utilización de los Sistemas de Información Geográfica para el desarrollo de metodologías para el inventario y seguimiento de recursos naturales en el noroeste peninsular 👤 Diéguez, U., Díaz, I. J., Crecente, R., Calvo, S. |
| Congreso | 2000 | - | El desarrollo integrado de Negueira de Muñiz, un municipio entre Asturias y Galicia 👤 Cancela, J. J., Álvarez, C. J., Crecente, R. |
| Congreso | 2000 | - | Improvement of touristic facilities as an example of integrated development: the case of Negueira de Muñiz (Galicia) 👤 Cancela, J. J., Marey, M. F., Crecente, R. |








