O proxecto de cooperación transfronteiriza GREENSEED, no que participa a Universidade de Santiago de Compostela a través do LaboraTe, vén de lanzar unha serie de enquisas dirixidas a profesionais e entidades de sectores estratéxicos do medio rural en Galicia e o Norte de Portugal.

A iniciativa ten como obxectivo identificar as principais barreiras de entrada, as necesidades e os casos de éxito que poidan servir de inspiración para o deseño de futuras ferramentas de apoio ao emprendemento e a bioeconomía no território en:
- Gandaría extensiva: vacún, ovino, caprino e porcino pastoreo
- Castiñeiro – Oliveira
- Horta – froiteiras
- Apicultura
- Compostaxe de biorresiduos
- Resina
Esta consulta está dirixida a profesionais, persoas autónomas, cooperativas, empresas e outros axentes clave vinculados a algún dos sectores.
O cuestionario, con unha duración estimada de 8 minutos, busca recoller información directa do sector para cumprir tres fins fundamentais:
- Detectar barreiras de entrada: Identificar as dificultades e retos ao iniciar a actividade.
- Mapear necesidades reais: Coñecer os recursos, formación e apoios que os profesionais botan en falta no seu día a día.
- Visibilizar boas prácticas: Compilar modelos de xestión sostible e iniciativas de éxito replicables.
Impacto no territorio e transferencia de coñecemento
A información recollida a través desta consulta será unha ferramenta clave para a implementación dos futuros Ecosistemas Territoriais de Apoio ao Emprendemento (ETEB), a posta en marcha de zonas piloto de experimentación e o desenvolvemento da plataforma dixital Data Terra.
O proxecto GREENSEED é unha iniciativa de cooperación transfronteiriza cofinanciada polo Programa de Cooperación Interreg VI para España – Portugal (POCTEP).