Saltar ao contido

novas

categoría novas

Aberto o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente

Convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), os premios constitúen unha homenaxe á figura do profesor Rafael Crecente Maseda, un dos principais referentes da ordenación e xestión territorial en Galicia… Ler máis »Aberto o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente

Aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural

Trátase dun mestrado de 60 créditos ECTS e un curso académico de duración, deseñado para facilitar a compatibilidade coa actividade profesional. A súa modalidade híbrida combina docencia en liña e presencial, cun reparto aproximado do 50 % en videoconferencia e 50 % presencial, ao que se suma a posibilidade de… Ler máis »Aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural

LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria

A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos meses no marco do Foro e a poñer en marcha un plan de acción inicial. A iniciativa, que está promovida polo Laboratorio… Ler máis »LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria

Análise e integración de UAV para a documentación xeométrica do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico

O traballo pon de manifesto como estas ferramentas, combinadas con técnicas como a fotogrametría e o escaneado láser, permiten obter modelos tridimensionais de alta precisión, mellorando a calidade, rapidez e custo dos procesos de rexistro patrimonial. A investigación céntrase en dous aspectos clave: por unha banda, a análise da aceptación… Ler máis »Análise e integración de UAV para a documentación xeométrica do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico

Curso: Revitalización Rural- Planificación territorial e resiliencia aos incendios

Para abordar este reto, o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) organiza o curso “Revitalización rural: planificación territorial e resiliencia aos incendios”, unha proposta formativa que xa ten aberta a inscrición e que se desenvolverá nas próximas semanas no Campus Terra da USC. O curso ofrece unha formación integral que combina teoría… Ler máis »Curso: Revitalización Rural- Planificación territorial e resiliencia aos incendios

Bota a andar GREENSEED: impulso ó emprendemento e fortalecemento do ecosistema de apoio na bioeconomía

GREENSEED impulsará en catro comarcas piloto, dúas a cada lado da raia,  Ecosistemas Territoriais de Apoio ao Emprendemento en Bioeconomía (ETEB), que funcionarán como redes de colaboración integradas por servizos de asesoramento públicos e privados, centros de I+D e universidades, asociacións de produtores e sindicatos, entre outros. Como punto de… Ler máis »Bota a andar GREENSEED: impulso ó emprendemento e fortalecemento do ecosistema de apoio na bioeconomía

Crise enerxética e rexeneración agraria – Tour NonNormal

O Tour NonNormal é un espazo de divulgación, reflexión e mobilización arredor da crise enerxética, os límites materiais da civilización industrial e a consciencia de que o modelo económico e social recente nunca foi realmente sostible, nin o será. A intervención partiu do diagnóstico xeral formulado por NonNormal, centrado na dependencia… Ler máis »Crise enerxética e rexeneración agraria – Tour NonNormal

O noroeste peninsular fronte ao reto demográfico: diagnóstico e propostas para o medio rural

O pasado 16 de abril publicouse o “Informe de Ruralidades do Noroeste Peninsular: Diagnóstico Estrutural e Marco Estratéxico de Actuación”. Este informe ofrece un diagnóstico territorial e socio‑ecolóxico das áreas rurais do noroeste peninsular (Galicia, Asturias e o noroeste de Castela e León). O obxectivo é identificar os factores estruturais… Ler máis »O noroeste peninsular fronte ao reto demográfico: diagnóstico e propostas para o medio rural

A coordinación normativa e a mobilización da terra, entre os retos prioritarios para un rural galego máis resiliente

A mobilización e xestión activa do espazo agroforestal centrou este martes no IBADER unha das mesas de traballo do Foro Territorio Rural Resiliente, un proceso de reflexión colectiva que reúne persoas expertas e representantes de distintos ámbitos para analizar os desafíos do rural galego e propoñer liñas de actuación. Na… Ler máis »A coordinación normativa e a mobilización da terra, entre os retos prioritarios para un rural galego máis resiliente

Tese analiza a Infraestrutura Verde como motor de transformación territorial

A investigadora do LaboraTe, Rocío Losada Iglesias, acaba de defender a súa tese doutoral na USC, centrada no papel da Infraestrutura Verde como ferramenta estratéxica para lograr unha planificación territorial máis integrada, resiliente e sostible fronte aos desafíos ambientais actuais. O traballo aborda a perda de biodiversidade e os impactos… Ler máis »Tese analiza a Infraestrutura Verde como motor de transformación territorial