Enviado por laborate o ven, 09/03/2012 - 13:18 GMT.
O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía
(GIEEA) da universidade de Vigo organiza o IV Congreso Internacional
de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, que se celebrará
do 21 ó 23 de Xuño en Vigo. Este congreso é unha das accións
da rede Revolta, da que o GIEEA é parte.
O obxectivo deste congreso é compartir experiencias agroecolóxicas
innovadoras que se estén a desenvolver en cualqueira parte
do mundo, cuxa posta en marcha é «unha tarefa colectiva
na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores
e as súas asociacións». Estes novos modos de produción procuran,
entre outros, a dinamización do medio rural e maila súa sustentabilidade.