Enviado por laborate o mér, 22/02/2012 - 21:59 GMT.
O pasado 17 de Febreiro, no marco do Máster en Xestión Sustentable
da Terra e do Territorio (MTT), José Manuel Silva Rodríguez,
director xeral de agricultura da Unión Europea, impartiu
a conferencia "A nova Política Agraria Común como oportunidade
para a xestión de terras".
Nesta ocasión Silva Rodríguez centrou a súa conferencia
nas oportunidades para a ordenación do territorio que a
nova Política Agraria Común (PAC),
que entrará en vigor no ano 2014, pode traer a Galicia.
Estas oportunidades non se poden perder xa que «Se non se
fai agora vai ser difícil facelo, xa que cada vez hai unha
maior esixencia na ordenación do territorio».