Enviado por laborate o xov, 12/01/2012 - 14:02 GMT.
Este libro sintetiza o proxecto "Modelización da oferta e
demanda actual e tendencial de predios rústicos en Galicia.
Desenvolvemento e aplicación dun sistema de información
xeográfico e análise multicriterio en catro comarcas galegas",
realizado ó abeiro dun convenio de colaboración entre a
consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia,
a Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
e a universidade de Santiago de Compostela, de Decembro
de 2007 a Decembro de 2009. Entre os editores deste libro
hai dous membros do LaboraTe.
A baixa mobilidade do mercado de terras en Galicia é unha
eiva estrutural que conduce ó abandono da actividade produtiva
agraria sobre o terreo e xera graves consecuencias sociais,
ambientais e económicas: incendios forestais, despoboamento
rural, e falta de viabilidade económica de moitas explotacións
agrarias, fenómenos relacionados, dun xeito ou outro, con ela.