Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
Aberto o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente
Convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e do Laboratorio do Territorio …
Aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural
Trátase dun mestrado de 60 créditos ECTS e un curso académico de duración, deseñado para facilitar a compatibilidade coa actividade profesional. A súa modalidade híbrida combina docencia en …
LaboraTe participa no impulso da Alianza por un Territorio Rural Resiliente para avanzar na ordenación territorial e na remuda agraria
A xornada serviu tamén para presentar a Alianza para un Territorio Rural Resiliente, unha rede aberta de colaboración orientada a dar continuidade ao traballo desenvolvido durante os últimos…
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2025 | - | Modelos e técnicas de simulación e planificación do territorio: Casos prácticos en Galicia en “Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente' |
| Publicación | 2025 | - | Solución web PPGIS para a avaliación pública da ordenación do territorio: aplicación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Guitiriz, Noroeste de España en “Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente' |
| Publicación | 2025 | - | Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente |
| Publicación | 2025 | - | Terra e Territorio - experiencias na memoria de Rafael Crecente - Prologo |
| Publicación | 2025 | - | O relevo xeracional no sector agrario galego; retos e oportunidades 👤 Edelmiro López Iglesias, Francisco José Ónega López |








