Laboratorio do Territorio
Destacados
Últimas novas
Colaboración con GREENSEED para impulsar o emprendemento e a bioeconomía no medio rural
A iniciativa ten como obxectivo identificar as principais barreiras de entrada, as necesidades e os casos de éxito que poidan servir de inspiración para o deseño de futuras ferramentas de ap…
Aberto o prazo para concorrer á IX edición dos Premios Rafael Crecente
Convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e do Laboratorio do Territorio …
Aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural
Trátase dun mestrado de 60 créditos ECTS e un curso académico de duración, deseñado para facilitar a compatibilidade coa actividade profesional. A súa modalidade híbrida combina docencia en …
Áreas de traballo

Infraestrutura verde e servizos ecosistémicos
A infraestrutura verde é un marco de ordenación de especial interese para o grupo dende fai anos. Actualmente con particular interese por afondar na planificación de servizos ecosistémicos específicos ou na dimensión social da infraestructura verde.
Ver máis

Ciencia de xeodatos
O gran volume de datos propios que produce o laboratorio ofrécenos unha vantaxe á hora de modelar, simular e reinterpretar as dinámicas presentes nos proxectos de investigación. Isto compleméntase co desenvolvemento de novas ferramentas e infraestruturas propias orientadas ao procesado de información espacial.
Ver máis

Ordenación e transición territorial
Artella entre outras, actividades relacionadas coa ordenación e planificación territorial, con especial interese no medio rural ou na monitorización de recursos para a formulación de estratexias de transición rural.
Ver máis

Xestión de terras
Liña de traballo que integra a análise de dinámicas de uso do solo e do mercado de terras coa innovación na governanza da propiedade para a mobilización, co obxectivo de diagnosticar e mellorar a base territorial das actividades agrarias e atraer e orientar a novos xestores cara parcelas infrautilizadas.
Ver máis

Investigación-acción participativa
A investigación-acción participativa é un piar transversal do LaboraTe. Aplícase como un principio metodolóxico no que se aposta por unha investigación que actúe como motor de cambio, enraizada no territorio e conectada coas persoas que o habitan.
Ver máis

Sistemas alimentarios e remuda xeracional
O LaboraTe analiza o sistema agroalimentario dende unha perspectiva holística e participativa, investigando a remuda xeracional como un proceso relacional entre actores. A liña oriéntase cara o mantemento da funcionalidade do sistema alimentario e a seguridade alimentaria.
Ver máis
| Tipo | Ano | Liñas | Título e Autores |
|---|---|---|---|
| Publicación | 2014 | - | Planning for food systems in Lugo, Spain |
| Publicación | 2013 | Ciencia de xeodatos | Caso de estudio: estimación de volumen a partir de datos Lidar para pino radiata en el municipio de Guitiriz 👤 Víctor Hugo González, Sandra Buján, Eduardo González-Ferreiro, Laura Barreiro-Fernández, Ulises Dieguez-Aranda, David Miranda |
| Publicación | 2013 | - | El modelo de autómata celular SIMULA: aplicación para el estudio de patrones de crecimiento urbano sostenible |
| Publicación | 2013 | - | Web-GIS tool for the management of rural land markets. Application to the Land Bank of Galicia (NW Spain) 👤 Porta, J., Parapar, J., García, P., Fernández, G., Touriño, J., Doallo, R., Ónega, F., Santé, I., Díaz, P., Miranda, D., Crecente, R. |
| Congreso | 2013 | - | Máis terra? Hai resposta para esta pregunta? |








